Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.- O florido pénsil, o espectáculo de Emedous sobre a escola do franquismo que revolucionou o ano pasado o panorama teatral galego, volve aos escenarios en 2012 con máis dunha ducia de datas en localidades galegas. A obra pechou o 2011 cun rexistro de 12.000 espectadores en 23 funcións, e está protagonizada por cinco dos mellores actores da escena galega: Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez poñen cara ás vivencias entre cómicas, duras e tenras dun grupo de rapaces na escola do franquismo.
O cartel de aforo completo foi unha constante na primeira xira de O florido pénsil. A proposta, que adapta o galego un texto de Andrés Sopeña e dirixen Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, tivo mesmo que habilitar datas suplementarias en varios teatros para satisfacer a petición do público. Para a súa produción Emedous contou coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e co apoio do Centro Dramático Galego. Nesta segunda tirada, o espectáculo visitará Vilagarcía de Arousa (4 de febreiro), Pontevedra (10 e 11 de febreiro), O Barco de Valdeorras (17 de febreiro), Ferrol (18 de febreiro), Vigo (24 e 25 de febreiro), Oleiros (3 de marzo) e Santiago (28, 29, 30 e 31 de marzo de 1 de abril).
O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo e os curas.
O texto foi adaptado por Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López para Eme2 para a súa posta en escena en galego, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro do 2012. Eme2 Emoción&Arte porá en escena este domingo ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal de Narón, a versión galega de Kafka e a boneca viaxeira, un espectáculo infantil baseado nunha novela de Jordi Sierra i Fabra baseado nunha historia real da vida do autor checo. Con Xosé Manuel Olveira Pico, Rocío González e Lucía Regueiro sobre as táboas, a proposta realízase simultaneamente en galego, euskera, catalán e valenciano, nunha novidosa fórmula de produción na que a distribuidora compostelá comparte protagonismo coas compañías Albena Teatre e Tanttaka. O espectáculo está dirixido a un público de sete anos en adiante.
O texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.
Versión galega
Para a versión galega de Kafka e a boneca viaxeira, Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.
Coprodución
Con Kafka e a boneca viaxeira Eme2 inaugura unha fórmula de produción na que compañías de tres autonomías suman forzas. A montaxe levarase a cabo nas catro linguas oficiais do Estado, compartindo escenografía e parte do equipo artístico.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro do 2012. Eme2 Emoción&Arte estrea esta fin de semana na Coruña a versión galega de Kafka e a boneca viaxeira, un espectáculo infantil baseado nunha novela de Jordi Sierra i Fabra baseado nunha historia real da vida do autor checo. Con Xosé Manuel Olveira Pico, Rocío González e Lucía Regueiro sobre as táboas, a proposta realízase simultaneamente en galego, euskera, catalán e valenciano, nunha novidosa fórmula de produción na que a distribuidora compostelá comparte protagonismo coas compañías Albena Teatre e Tanttaka.
Funcións
Kafka e a boneca viaxeira inicia a súa andaina o venres 20 no Fórum Metropolitano da Coruña, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 horas. No mesmo escenario repetirá o sábado 21 (ás 19.00 horas) e o domingo 22 (ás 17.30 horas). Xa o día 29 haberá función no Auditorio Municipal de Narón ás 18.00 horas. O espectáculo está dirixido a un público de sete anos en adiante.
O texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.
Versión galega
Para a versión galega de Kafka e a boneca viaxeira, Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.
Coprodución
Con Kafka e a boneca viaxeira Eme2 inaugura unha fórmula de produción na que compañías de tres autonomías suman forzas. A montaxe levarase a cabo nas catro linguas oficiais do Estado, compartindo escenografía e parte do equipo artístico.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.- O florido pénsil, o espectáculo de Emedous sobre a escola do franquismo, rematou o 2011 cun rexistro de 12.000 espectadores en 23 funcións, o que o converte nun dos acontecementos teatrais do ano en Galicia. A obra, protagonizada por cinco dos mellores actores da escena galega (Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez), reiniciará no próximo trimestre a súa xira ante a gran demanda popular, e regresará a algunhas localidades nas que se esgotaron entradas na primeira tirada. Santiago, Vigo, Pontevedra ou Ferrol son lugares nos que O florido pénsil fará parada nos próximos meses.
O cartel de aforo completo foi unha constante na primeira xira de O florido pénsil. A proposta, que adapta o galego un texto de Andrés Sopeña e dirixen Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, tivo mesmo que habilitar datas suplementarias en varios teatros para satisfacer a petición do público. Para a súa produción Emedous contou coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e co apoio do Centro Dramático Galego.
O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo e os curas.
O texto foi adaptado por Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López para Eme2 para a súa posta en escena en galego, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia.
O elenco
Para levar ás táboas O florido pénsil, Eme2 reuniu a cinco dos mellores actores da escena galega. Xosé Manuel Olveira Pico é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. No seu haber conta con tres premios María Casares.
Pola súa banda, Antonio Durán Morris, coñecido en todo o país polo seu papel de Cuñado en Pratos combinados e de Alcalde en Padre Casares, dous dos seriais máis exitosos da historia da televisión galega, participou tamén en numerosos espectáculos teatrais, coma o Enfermo imaxinario do CDG, nas súas primeiras temporadas.
Federico Pérez, o máis novo, fíxose coñecido pola súa interpretación de Josito na serie Padre Casares, e participou en películas como 18 comidas. Tamén coñecido polos seus traballos televisivos, nomeadamente en Pratos combinados, é Josito Porto, que conta cun María Casares por Sexismunda. Mentres, Alfonso Agra participou en numerosas montaxes do CDG (do Incerto señor don Hamlet a Woycek), múltiples espectáculos teatrais desde os anos oitenta, media ducia de longametraxes cinematográficos e series televisivas da importancia de Libro de familia ou Mareas vivas.
A dirección
Fernando Bernués e Mireia Gabilondo son unha parella de directores vencellados á compañía vasca Tanttaka. Os dous teñen impulsado en conxunto ou por separado numerosas montaxes de xéneros ben distintos. Mais alá do teatro, Gabilondo destaca polas súas direccións dos espectáculos de danza da compañía Kukkai, renovadora da danza tradicional vasca. Bernués ten dirixido numerosas compañías e numerosos actores en todo o Estado, e a súa unión con Galicia vén a través de Manuel Rivas, de quen dirixiu A man dos paíños.Desde Eme2 queremos agradecerlle a todo o público coruñés a súa magnífica acollida ao espectáculo O florido pénsil, que encheu o teatro Rosalía nas súas dúas primeiras representacións, o venres e o sábado pasados, e conseguiu unha moi boa entrada na terceira, a do domingo, que tivo que ser programada a última hora debido á alta demanda de entradas. Despois desta exitosa fin de semana, O florido pénsil foi visto xa por máis de 3.000 persoas desde a súa estrea en Compostela o 21 de setembro.
A próxima parada do espectáculo é a deste venres no Cine Alovi de As Pontes. Vémonos alí ás 21.00 horas.