3.000 persoas en dúas semanas!

Martes, 04 Outubro de 2011

Desde Eme2 queremos agradecerlle a todo o público coruñés a súa magnífica acollida ao espectáculo O florido pénsil, que encheu o teatro Rosalía nas súas dúas primeiras representacións, o venres e o sábado pasados, e conseguiu unha moi boa entrada na terceira, a do domingo, que tivo que ser programada a última hora debido á alta demanda de entradas. Despois desta exitosa fin de semana, O florido pénsil foi visto xa por máis de 3.000 persoas desde a súa estrea en Compostela o 21 de setembro.

A próxima parada do espectáculo é a deste venres no Cine Alovi de As Pontes. Vémonos alí ás 21.00 horas.

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por