Ónfalo Teatro estreará o próximo día 18 de novembro o seu espectáculo Neuras. O bautismo desta novidosa proposta escénica vaise levar a cabo no Auditorio de Cangas do Morrazo.
Neuras é unha comedia con números musicais, de cabaré e de maxia. O espectáculo baséase nun estilo formal impecable e nunha linguaxe escénica contemporánea. Os temas polémicos que aborda están tratados desde unha textualidade expositiva que tamén é moi contemporánea e que dá pé a xogos moi diversos alén do realismo. Unha colaxe de secuencias que flutúan entre a sitcom televisiva e o music hall.