Eme2 trae a España 'Infinita', o novo espectáculo dos alemáns Familie Flöz

Mércores, 23 Decembro de 2009

Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, poderá verse en catro cidades de Galicia e de Asturias o próximo mes de febreiro, da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, estará na Coruña os días 19, 20 e 21 dese mes, en Ourense o día 26, en Narón o día 27 e en Xixón o 28.

Infinita é unha obra sobre os primeiros e os últimos momentos do xogo final entre a vida e a morte, o tempo no que suceden os maiores milagres: a primeira aparición no mundo, os primeiros pasos valentes e a primeira ousada caída. O espectáculo é un mosaico físico da vida, composto simple e via todo aquilo que sexa cómico.

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por