Máis de 1.200 persoas asistiron a pasada fin de semana no Teatro Rosalía Castro da Coruña á representación de Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, que percorre Galicia e Asturias nestes días da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, segue camiño nos próximos días visitando Ourense (venres 26, 20.30h., Auditorio Municipal), Narón (sábado 27, 20.30h., Pazo da Cultura) e Xixón (domingo, 28, 20.30h., Teatro Jovellanos ).
Infinita é unha obra sobre os primeiros e os últimos momentos do xogo final entre a vida e a morte, o tempo no que suceden os maiores milagres: a primeira aparición no mundo, os primeiros pasos valentes e a primeira ousada caída.