Eme2 Emoción&Arte ofrecerá mañá xoves, ás 17 horas, unha emisión en directo de parte dos ensaios que está levando a cabo o equipo de Sexo? Por que non?, o espectáculo que se estreará o próximo día 16 en As Pontes. A retransmisión poderá verse a través do canal de Eme2 en Ustream, ao que se chega desde este enlace: http://www.ustream.tv/user/emedous . Ademais, a través da nosa web e da nosa recentemente creada páxina en Facebook poderanse ir coñecendo os detalles da produción e as opinións do equipo.
Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Álvaro Lavín e Mercedes Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (981 534 134 ó 609 457 575 e administracion@emedous.com).