Na meta (Sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Unha nai de armas tomar saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A nai viúva e a filla solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un escritor novo, que vén de triunfar no teatro, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica. Unha primeira parte na que se fan as maletas e unha segunda na que se desfán. Unhas personaxes que deixan saír os monstros que a meirande parte das persoas agochamos. O riso terrible do coñecemento.
O novo espectáculo de Ónfalo, con texto de Thomans Bernhard, combina a acción escénica coas linguaxes da danza, a instalación, a performance, o clown, a acrobacia e outros recursos que enriquecen a plasticidade e afían o significado da obra.
O sexto número da revista Ao Vivo Música, editada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e elaborada por Eme2 Emoción & Arte, acaba de editarse. A publicación, coa que se pretende apoiar aos grupos galegos, distribúese nas salas de concertos adheridas á Rede Galega de Música ao Vivo, e conta con apartados dedicados a músicos e artistas como Triángulo de Amor Bizarro, bOnOvO, Anxo Lorenzo, Ruxe-Ruxe ou Radio Océano, entre outros. O exemplar pode consultarse aquí.
Despois do éxito da súa anterior visita en febreiro con Infinita, a compañía alemá Familie Flöz volve a Galicia. Desta vez, este grupo berlinés porán sobre as táboas o espectáculo Hotel Paradiso, baseado tamén na súa peculiar concepción do teatro de máscaras. Interpretarano no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de abril, ás 20.30 horas.
Hotel Paradiso é unha comedia que retrata como a atmosfera tranquila dunha fonda montañesa se ve bruscamente perturbada ao ser atopado sen vida un dos seus hóspedes. O director do establecemento e o seu equipo tentan disimular a situación, pero a realidade é implacable!
Máis de 1.200 persoas asistiron a pasada fin de semana no Teatro Rosalía Castro da Coruña á representación de Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, que percorre Galicia e Asturias nestes días da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, segue camiño nos próximos días visitando Ourense (venres 26, 20.30h., Auditorio Municipal), Narón (sábado 27, 20.30h., Pazo da Cultura) e Xixón (domingo, 28, 20.30h., Teatro Jovellanos ).
Infinita é unha obra sobre os primeiros e os últimos momentos do xogo final entre a vida e a morte, o tempo no que suceden os maiores milagres: a primeira aparición no mundo, os primeiros pasos valentes e a primeira ousada caída.
Entramos en 2010 con ilusión, con ganas... e cunha visita moi especial a Galicia. Riki López estará mañá no Pazo da Cultura de Narón con Dando el kante, o seu descacharrante espectáculo humorístico-musical. Coa súa ironía e as súas cancións, Riki López asegura que se decidiu polo mundo do espectáculo depois de aprender a poñer cinco posturas na guitarra, e comezou unha carreira imparable: Londres, París, Nueva York, Estambul, Tokio... son cidades que lle gustaría coñecer, pero de momento non pasou de Toro (Zamora).
Por outra parte, a compañía galega Trompicallo abrirá o 2010 xirando sen parar con Violeta Coletas contra as salchichas: Gulp! Nesta ocasión, Marian González e Luís González contan coa colaboración do artista plástico Quique Bordell para contar a historia deunha nena moi especial e moi súa.
Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, poderá verse en catro cidades de Galicia e de Asturias o próximo mes de febreiro, da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, estará na Coruña os días 19, 20 e 21 dese mes, en Ourense o día 26, en Narón o día 27 e en Xixón o 28.
Infinita é unha obra sobre os primeiros e os últimos momentos do xogo final entre a vida e a morte, o tempo no que suceden os maiores milagres: a primeira aparición no mundo, os primeiros pasos valentes e a primeira ousada caída. O espectáculo é un mosaico físico da vida, composto simple e via todo aquilo que sexa cómico.
Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, poderá verse en catro cidades de Galicia e de Asturias o próximo mes de febreiro, da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, estará na Coruña os días 19, 20 e 21 dese mes, en Ourense o día 26, en Narón o día 27 e en Xixón o 28.
Infinita é unha obra sobre os primeiros e os últimos momentos do xogo final entre a vida e a morte, o tempo no que suceden os maiores milagres: a primeira aparición no mundo, os primeiros pasos valentes e a primeira ousada caída. O espectáculo é un mosaico físico da vida, composto simple e via todo aquilo que sexa cómico.