O florido pénsil amplía a tres as representacións no Rosalía da Coruña ante a demanda de entradas

Mércores, 28 Setembro de 2011

 

A Coruña, 28 de setembro de 2011.- A gran demanda de entradas para as representacións de O florido pénsil na Coruña fará que o espectáculo se represente un día máis no Teatro Rosalía Castro. Ademais das funcións do venres 30 de setembro e do sábado 1 de outubro, o público coruñés poderá gozar co espectáculo de Eme2 o domingo 2. A obra reúne a varios dos mellores actores galegos do momento nun excepcional elenco, formado por Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez. Dirixen a proposta Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) produce o espectáculo, que conta co apoio do Centro Dramático Galego.

 

O florido pénsil encheu o Salón Teatro de Santiago de Compostela nas súas cinco primeiras representacións, colleitando o aplauso do público e da crítica. Ante a alta demanda de entradas para a súa parada coruñesa, as funcións no Rosalía amplíanse a tres, e levaranse a cabo o venres 30 de outubro, o sábado 1 e o domingo 2, todas elas ás 20.30 horas. O prezo das entradas vai dos 6 aos 13 euros e poden comprarse a través de Internet en www.servinova.com.  Tamén poden adquirirse na Taquilla Central da praza de Ourense de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas; na billeteira do teatro os días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 horas; e por televenta no 902 504 500.

 

 

O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa.

 

Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo ou a radio familiar. O texto foi adaptado por Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López para Eme2 para a súa posta en escena en galego, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia.

 

O elenco

Para levar ás táboas O florido pénsil Eme2 reuniu a cinco dos mellores actores da escena galega. Xosé Manuel Olveira Pico é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. No seu haber conta con tres premios María Casares.

 

Pola súa banda, Antonio Durán Morris, coñecido en todo o país polo seu papel

de Cuñado en Pratos combinados e de Alcalde en Padre Casares, dous dos

seriais máis exitosos da historia da televisión galega, participou tamén en numerosos espectáculos teatrais, coma o Enfermo imaxinario do CDG, nas súas primeiras temporadas.

 

Federico Pérez, o máis novo, fíxose coñecido pola súa interpretación de Josito na serie Padre Casares, e participou en películas como 18 comidas. Tamén coñecido polos seus traballos televisivos, nomeadamente en Pratos combinados, é Josito Porto, que conta cun María Casares por Sexismunda. Mentres, Alfonso Agra participou en numerosas montaxes do CDG (do Incerto señor don Hamlet a Woycek), múltiples espectáculos teatrais desde os anos oitenta, media ducia de longametraxes cinematográficos e series televisivas da importancia de Libro de familia ou Mareas vivas.

 

A dirección

Fernando Bernués e Mireia Gabilondo son unha parella de directores vencellados á compañía vasca Tanttaka. Os dous teñen impulsado en conxunto ou por separado numerosas montaxes de xéneros ben distintos. Mais alá do teatro, Gabilondo destaca polas súas direccións dos espectáculos de danza da compañía Kukkai, renovadora da danza tradicional vasca. Bernués ten dirixido numerosas compañías e numerosos actores en todo o Estado, e a súa unión con Galicia vén a través de Manuel Rivas, de quen dirixiu A man dos paíños.

 

Xa están á venda as entradas para as funcións de O florido pénsil en Santiago e na Coruña

Xoves, 08 Setembro de 2011

 

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2011.- Xa están á venda as entradas para as representacións en Santiago e A Coruña de O florido pénsil, o espectáculo de Eme2 sobre a escola franquista que reúne a un elenco de luxo, formado por Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez. Dirixen a proposta Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina o espectáculo, que conta co apoio do Centro Dramático Galego.

O florido pénsil
estréase o mércores 21 ás 21.00 horas no Salón Teatro compostelán, onde estará o os días 22, 23 e 24 ás 20.30 e, como despedida, o domingo 25 ás 18.00 horas. As entradas poden mercarse xa a través da billeteira electrónica de Novacaixagalicia, no web http://entradas.novacaixagalicia.es, os días 22, 23 e 24 a 10 euros para o público xeral e 6 para estudantes, desempregados, xubilados e profesionais das artes escénicas e do xornalismo; e o día 25 a 5 euros en todos os casos.

As funcións no Teatro Rosalía Castro da Coruña vanse levar a cabo o venres 30 e o sábado 1 de outubro, as dúas ás 20.30 horas. As entradas están xa dispoñibles a través da plataforma de venda electrónica de Novacaixagalicia en servinova.com, con prezos que van dos 13,52 aos 4,99 euros.

Retrato dunha época
O florido pénsil é unha adaptación ao galego do popular texto de Andrés Sopeña que conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo e os curas.

O texto foi adaptado por Sandra Romarís, Xocas López e Emilio Cao para Eme2, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia, para a súa posta en escena en galego. 

O elenco
Para levar ás táboas O florido pénsil, Eme2 reuniu a cinco dos mellores actores da escena galega. Xosé Manuel Olveira Pico é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. No seu haber conta con tres premios María Casares.

Pola súa banda, Antonio Durán Morris, coñecido en todo o país polo seu papel de Cuñado en Pratos combinados e de Alcalde en Padre Casares, dous dos seriais máis exitosos da historia da televisión galega, participou tamén en numerosos espectáculos teatrais, coma o Enfermo imaxinario do CDG, nas súas primeiras temporadas.

Federico Pérez
, o máis novo, fíxose coñecido pola súa interpretación de Josito na serie Padre Casares, e participou en películas como 18 comidas. Tamén coñecido polos seus traballos televisivos, nomeadamente en Pratos combinados, é Josito Porto, que conta cun María Casares por Sexismunda. Mentres, Alfonso Agra participou en numerosas montaxes do CDG (do Incerto señor don Hamlet a Woycek), múltiples espectáculos teatrais desde os anos oitenta, media ducia de longametraxes cinematográficos e series televisivas da importancia de Libro de familia ou Mareas vivas.

A dirección
Fernando Bernués e Mireia Gabilondo son unha parella de directores vencellados á compañía vasca Tanttaka. Os dous teñen impulsado en conxunto ou por separado numerosas montaxes de xéneros ben distintos. Mais alá do teatro, Gabilondo destaca polas súas direccións dos espectáculos de danza da compañía Kukkai, renovadora da danza tradicional vasca. Bernués ten dirixido numerosas compañías e numerosos actores en todo o Estado, e a súa unión con Galicia vén a través de Manuel Rivas, de quen dirixiu A man dos paíños.

 

Eme2 estrea en setembro 'O florido pénsil' con cinco dos mellores actores da escena galega

Mércores, 13 Xullo de 2011

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2011.- Emedous Produción e Distribución estreará en setembro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, o espectáculo O florido pénsil, adaptación ao galego do popular texto de Andrés Sopeña. O espectáculo reúne a varios dos mellores actores galegos do momento nun excepcional elenco, formado por Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez. Dirixen a proposta Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) produce o espectáculo, que conta co apoio do Centro Dramático Galego.

O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo, os curas, Matías Prats ou Matilde Conesa.

O texto foi adaptado por Sandra Romarís para Eme2 para a súa posta en escena en galego, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia.

O elenco

Para levar ás táboas O florido pénsil, Eme2 reuniu a cinco dos mellores actores da escena galega. Xosé Manuel Olveira Pico é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. No seu haber conta con tres premios María Casares.

Pola súa banda, Antonio Durán Morris, coñecido en todo o país polo seu papel de Cuñado en Pratos combinados e de Alcalde en Padre Casares, dous dos seriais máis exitosos da historia da televisión galega, participou tamén en numerosos espectáculos teatrais, coma o Enfermo imaxinario do CDG, nas súas primeiras temporadas.

Federico Pérez, o máis novo, fíxose coñecido pola súa interpretación de Josito na serie Padre Casares, e participou en películas como 18 comidas. Tamén coñecido polos seus traballos televisivos, nomeadamente en Pratos combinados, é Josito Porto, que conta cun María Casares por Sexismunda. Mentres, Alfonso Agra participou en numerosas montaxes do CDG (do Incerto señor don Hamlet a Woycek), múltiples espectáculos teatrais desde os anos oitenta, media ducia de longametraxes cinematográficos e series televisivas da importancia de Libro de familia ou Mareas vivas.

A dirección

Fernando Bernués e Mireia Gabilondo son unha parella de directores vencellados á compañía vasca Tanttaka. Os dous teñen impulsado en conxunto ou por separado numerosas montaxes de xéneros ben distintos. Mais alá do teatro, Gabilondo destaca polas súas direccións dos espectáculos de danza da compañía Kukkai, renovadora da danza tradicional vasca. Bernués ten dirixido numerosas compañías e numerosos actores en todo o Estado, e a súa unión con Galicia vén a través de Manuel Rivas, de quen dirixiu A man dos paíños.

Con motivo da produción de O florido pénsil, Eme2 ten a intención de reunir a maior cantidade posible de imaxes relacionadas coa escola e a educación en tempos da ditadura. Pódese contribuír á reunión deste material, que despois se pendurará no Facebook da produtora, enviando as imaxes a comunicacion@emedous.com 

A adaptación ao castelán de Sexo? Por que non?, con Mercedes Castro, roza xa os 3.000 espectadores

Martes, 22 Marzo de 2011

 

Santiago de Compostela, 21 de marzo do 2011. Eme2 Emoción&Arte prosegue coa xira en castelán de Tengamos el sexo en paz, que se estreara en galego no mes de outubro en galego baixo o título Sexo? Por que non? A adaptación ao español deste texto de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, interpretada por Mercedes Castro, foi vista xa por preto de 3.000 espectadores nas súas primeiras once representacións.

No que vai de mes, Eme2 percorreu con Tengamos el sexo en paz os teatros de Euskadi e Andalucía. Proximamente hai funcións programadas en Berriz (Kultur Etxea, 26 de marzo), Santurtzi (Serantes Kultur Aretoa, 1 de abril) e Guadalajara (Teatro Moderno, 29 de abril). A cifra de espectadores nestas tres primeiras semanas de representación supera os 2.700, con teatros nos que se rebasaron amplamente as 400 entradas vendidas.

Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, o espectáculo é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. A obra pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.

 

 

 

 

Eme2 representa en Foz e en As Pontes 'Sexo? Por que non?', con Mercedes Castro

Mércores, 27 Outubro de 2010

Eme2 Emoción&Arte levará esta fin de semana a Foz e a As Pontes a xira do espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. As representacións levaranse a cabo na Sala Bahía focense o xoves 28 (20.30) e o venres 29 no Cine Alovi pontés (21.00).

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134).

'Na meta', novo espectáculo de Ónfalo Teatro

Venres, 30 Xullo de 2010

Na meta (Sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Unha nai de armas tomar saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A nai viúva e a filla solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un escritor novo, que vén de triunfar no teatro, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica. Unha primeira parte na que se fan as maletas e unha segunda na que se desfán. Unhas personaxes que deixan saír os monstros que a meirande parte das persoas agochamos. O riso terrible do coñecemento.

O novo espectáculo de Ónfalo, con texto de Thomans Bernhard, combina a acción escénica coas linguaxes da danza, a instalación, a performance, o clown, a acrobacia e outros recursos que enriquecen a plasticidade e afían o significado da obra.

Descarga as ráfagas sonoras de 'Sexo? Por que non?'

Luns, 28 Xuño de 2010

Xa se poden descargar desde a web de Eme2 Emoción&Arte as ráfagas sonoras compostas por Anxo Graña para o espectáculo Sexo? Por que non? Os jingles atópanse dentro da carpeta que contén o kit promocional da obra; basta con ir á páxina do espectáculo e picar en 'Descarga o dosier de prensa'.

Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por