Xa está na rúa o sexto número de 'Ao Vivo Música’

Mércores, 23 Xuño de 2010

O sexto número da revista Ao Vivo Música, editada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e elaborada por Eme2 Emoción & Arte, acaba de editarse. A publicación, coa que se pretende apoiar aos grupos galegos, distribúese nas salas de concertos adheridas á Rede Galega de Música ao Vivo, e conta con apartados dedicados a músicos e artistas como Triángulo de Amor Bizarro, bOnOvO, Anxo Lorenzo, Ruxe-Ruxe ou Radio Océano, entre outros. O exemplar pode consultarse aquí.

'Maná, maná (El regreso)', de Los Ulen, este mes de xuño en xira por Galicia

Luns, 07 Xuño de 2010

Eme2 trae a Galicia neste mes de xuño o espectáculo Maná, maná (El regreso), da prestixiosa compañía Los Ulen, da que forman parte actores de renome como Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous. A obra, comprometida, actual e ácida coma poucas, estará no Teatro Principal de Compostela os días 11 e 12, e no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 25 e o 26.

Doce anos despois de Maná, maná (Una crónica de parias), os seus protagonistas enfróntanse a outra crise económica mundial, inventada, manipulada e articulada desde as máis altas esferas do poder. Maná, maná (El regreso) é unha nova reflexión sobre a pobreza extrema e a hipocrisía. Porque, como di Mosta, un dos protagonistas, "si todo el mundo tuviera huevos, se acabaría el hambre en el mundo".

'Sexo? Por que non?', con Mercedes Castro, esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela

Martes, 04 Maio de 2010

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 e administracion@emedous.com).

Eme2 Emoción&Arte porá en escena o sábado 8 e o domingo 9 de maio, no Salón Teatro de Compostela, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. As representacións levaranse a cabo ás 20.30 horas o sábado e ás 18.00 horas o domingo, e as entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia.

Xa están á venda as entradas para a funcións de 'Sexo? Por que non?' en Santiago

Venres, 30 Abril de 2010

Xa están á venda as entradas para as fucións de Sexo? Por que non? que Eme2 Emoción&Arte ofrecerá o sábado 8 e o domingo 9 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Os tickets poden mercarse a través da web de Caixa Galicia, e custan 6 euros para desempregados, xubilados, mozos e profesionais do xornalismo e das artes escénicas e 10 para o público xeran la función do sábado (20.30h.); e 5 euros para todo o público o domingo (18.00h.).

Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (981 534 134 ó 609 457 575 e administracion@emedous.com).

 

Éxito de 'Sexo? Por que non?' na súa estrea en As Pontes

Xoves, 22 Abril de 2010

Un teatro cheo, un prolongado aplauso e emoción a mancheas. Así de ben resultou a estrea de Sexo? Por que non?, o espectáculo de Eme2 que botou a andar o pasado venres 16 en As Pontes. Protagonizada por Mercedes Castro e dirixida por Álvaro Lavín, a obra volverá aos escenarios os días 8 e 9 de maio,  con representacións no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 ou administracion@emedous.com).

Familie Flöz volven a Galicia, esta vez con 'Hotel Paradiso'

Xoves, 22 Abril de 2010

Despois do éxito da súa anterior visita en febreiro con Infinita, a compañía alemá Familie Flöz volve a Galicia. Desta vez, este grupo berlinés porán sobre as táboas o espectáculo Hotel Paradiso, baseado tamén na súa peculiar concepción do teatro de máscaras. Interpretarano no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de abril, ás 20.30 horas.

Hotel Paradiso é unha comedia que retrata como a atmosfera tranquila dunha fonda montañesa se ve bruscamente perturbada ao ser atopado sen vida un dos seus hóspedes. O director do establecemento e o seu equipo tentan disimular a situación, pero a realidade é implacable!

MAÑÁ ESTREAMOS 'SEXO? POR QUE NON?'

Xoves, 15 Abril de 2010

Eme2 Emoción&Arte estreará mañá venres 16 de abril, nas Pontes de García Rodríguez (21.00h., Cine Alovi) e en colaboración co Concello pontés, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.


O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 e administracion@emedous.com).

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por