Que facemos

Servizo de prensa

Xestionamos a comunicación da túa empresa e dos teus espectáculos cos medios, a través dunha relación fluída. Facemos chegar os teus comunicados á mesa dos xornalistas nas mellores condicións e seguimos o resultado.

Servizo de publicacions

Elaboramos as túas revistas, folletos, catálogos, programas de man, etc, creando contidos e aplicando o mellor deseño para satisfacer as túas necesidades desde o momento da concepción ata a súa impresión final.

Deseño, programación e xestión de páxinas web

Creamos, deseñamos e mantemos o teu sitio en Internet, facéndoo atractivo e accesible desde as últimas ferramentas de redes sociais, para que a túa proposta chegue ao público de xeito directo.

Imaxe corporativa e deseño gráfico

Construímos unha identidade impactante que identifique a túa empresa, os teus produtos e espectáculos no primeiro vistazo, e aplicámola aos teus carteis, folletos, merchandising, etcétera.

Como facemos

Analizamos as túas necesidades e adaptamos as nosas propostas ó que nos pides. Estamos en contacto permanente contigo a través de todos os medios ó noso alcance alcance (teléfono, mail, skype).

Contacta con nós en comunicacion@emedous.com

A nosa estratexia

Na actualidade, calquera produto cultural ten que mostrarse visible nun mercado cada vez máis cheo de ofertas. Xa non abonda con producir espectáculos: tamén hai que saber comunicalos. En Eme2 coñecemos a importancia dunha imaxe sólida e impactante, dunha relación máis directa cos medios, co público e cos teus clientes, dunha estratexia de comunicación coherente, personalizada e planificada desde o primeiro momento, para que a túa mensaxe, a túa idea, se poida abrir paso e se consolide no mercado. Desde Eme2 queremos axudar a que as túas propostas cheguen o máis lonxe posible por medio dunha difusión axeitada.

O noso traballo

Revista Ao Vivo

Emedous elabora para a Axencia Galega das Industrias Culturais a revista Ao Vivo Música, coa que se pretende apoiar aos grupos integrados dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, e que se distribúe gratuitamente nas salas adheridas a esta programación. Bandas como Aíd, The Blows ou Niño y Pistola pasaron xa polas páxinas da publicación.

Revista Ao Vivo
Comunicación de compañías

Encargámonos da comunicación de compañías punteiras como Teatro del Temple, que, con espectáculos como Luces de bohemia ou El Buscón se converteron en referentes estatais.

Comunicación de compañías
Comunicación MIT 2008

Eme2 levou a cabo a produción da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2008, e, con ela, o seu traballo de comunicación, creación de identidade corporativa, deseño e xestión da web, cartelería, programas e demais material gráfico, relación cos medios...

Comunicación MIT 2008
Bocaberta 2010-2011

Eme2 tivo a ocasión de colaborar coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no eido da comunicación con motivo do programa Bocaberta. Foron 747 actividades as realizadas en colaboración con 14 empresas, cubrindo todos os concellos de Galicia co obxectivo principal promover entre os mozos e mozas de 3 a 18 anos unha imaxe positiva do idioma galego. Eme2 xestionou para este programa o gabinete de prensa e a elaboración de pezas gráficas e audiovisuais. 

Bocaberta 2010-2011
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por