Emedous elabora para a Axencia Galega das Industrias Culturais a revista Ao Vivo Música, coa que se pretende apoiar aos grupos integrados dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, e que se distribúe gratuitamente nas salas adheridas a esta programación. Bandas como Aíd, The Blows ou Niño y Pistola pasaron xa polas páxinas da publicación.
Encargámonos da comunicación de compañías punteiras como Teatro del Temple, que, con espectáculos como Luces de bohemia ou El Buscón se converteron en referentes estatais.
Eme2 levou a cabo a produción da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2008, e, con ela, o seu traballo de comunicación, creación de identidade corporativa, deseño e xestión da web, cartelería, programas e demais material gráfico, relación cos medios...
Eme2 tivo a ocasión de colaborar coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no eido da comunicación con motivo do programa Bocaberta. Foron 747 actividades as realizadas en colaboración con 14 empresas, cubrindo todos os concellos de Galicia co obxectivo principal promover entre os mozos e mozas de 3 a 18 anos unha imaxe positiva do idioma galego. Eme2 xestionou para este programa o gabinete de prensa e a elaboración de pezas gráficas e audiovisuais.