A celebración do centenario do nacemento de Miguel Hernández achega a Teatro Meridional unha feliz excusa para volver a subirse ao escenario na pel e na palabra dun personaxe, dunha persoa, que percorre o caos da súa vida persoal e da época social que lle tocou vivir. Sempre coa palabra como xogo e guía nunha experiencia digna de ser pensada e sentida con calma, o espectáculo Miguel Hernández volve dez anos depois da súa estrea para mostrar a alegría e a emoción producidas ao coñecer como realidade e poesía se entrelazan de forma luminosa neste especialísimo poeta.
Calendario | |
|---|---|
| 01 out 10 ás 21:00 |
'Miguel Hernández', de Teatro Meridional. Teatro Municipal Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras.
|
| 04 dec 10 ás 20:00 |
'Miguel Hernández', de Teatro Meridional. Pazo da Cultura, Narón.
|
| 05 dec 10 ás 19:00 |
'Miguel Hernández', de Teatro Meridional. Teatro Principal, Ourense.
|