Teatro del Velador

Teatro del Velador inicia a súa andaina en 1990, buscando a conxunción entre as linguaxes contemporáneas e as raíces culturais andaluzas. Desde os seus inicios, a compañía define o seu estilo como 'teatro bruto', desafiando os cánones clásicos de equilibrio e harmonía, ou quizá ignorándoos, preferindo o desequilibrio, o exceso, o inacabado, tal vez como reflexo dunha violencia calada e interior, tal vez como reacción silenciosa á dor dunha sociedade. Ao longo de dezasete anos de traballo, Teatro del Velador asenta os piares deste xeito de facer e crea un estilo propio, recoñecible e recoñecido.

Media

descargar

Espectáculos

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por