Eme2 emoción&arte

Somos unha empresa que produce, distribúe e xestiona produtos e servizos culturais, coa intención de contribuír ao aproveitamento do ocio como instrumento de formación persoal e de relación social. Vinculados ao sector das artes escénicas ofrecemos servizos e produtos culturais de xestión, produción, comunicación e distribución innovadores, ligados aos discursos artísticos e culturais vixentes e de actualidade na sociedade.

Desde o teatro, pasando pola danza e por calquera tipo de arte escénica, ofrecemos produtos novidosos a través dunha xestión integral e planificada. Espectáculo e comunicación unidos para satisfacer as necesidades propias de cada cliente.

Últimas novas

  • Martes, 31 Xaneiro de 2012 O florido pénsil, o acontecemento teatral da pasada temporada, volve aos escenarios en 2012 con máis

    Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.- O florido pénsil, o espectáculo de Emedous sobre a escola do franquismo que revolucionou o ano pasado o panorama teatral galego, volve aos escenarios en  2012 con máis dunha ducia de datas en localidades galegas. A obra pechou o 2011 cun rexistro de 12.000 espectadores en 23 funcións, e está protagonizada por cinco dos mellores actores da escena galega: Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez poñen cara ás vivencias entre cómicas, duras e tenras dun grupo de rapaces na escola do franquismo. Nesta segunda tirada, o espectáculo visitará Vilagarcía de Arousa (4 de febreiro), Pontevedra (10 e 11 de febreiro), O Barco de Valdeorras (17 de febreiro), Ferrol (18 de febreiro), Vigo (24 e 25 de febreiro), Oleiros (3 de marzo) e Santiago (28, 29, 30 e 31 de marzo de 1 de abril).

    +

  • Venres, 27 Xaneiro de 2012 Eme2 pon en escena o domingo en Narón a versión galega de Kafka e a boneca viaxeira +

Proxectos recentes

  • 'Detrás da canción', como compoñer unha canción pop con materiais caseiros

    Os mozos e mozas de 12 a 18 anos foron, entre outubro do 2010 e maio do 2011, os destinatarios de Detrás da canción, o proxecto de dinamización lingüística co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a empresa Eme2 promoveron o uso do galego entre os máis novos a través da música e a tecnoloxía. A iniciativa consta dun obradoiro de música caseira e dun concerto acústico que percorrereu, no marco do programa Bocaberta, 50 localidades galegas.

    +
  • Eme2 produce 'Sexo? Por que non?', de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, con Merce Castro

    Eme2 Emoción&Arte estreará o próximo 16 de abril, nas Pontes de García Rodríguez, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

    +
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por